Descuento:
-5%Antes:
Despues:
13,30 €Simpático e disparatado, este relato rimado comeza
cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou
dun fío que lle sobresaía da chaqueta... Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar
ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante. Porque paradoxicamente, canto máis intenta desintrincalo,
máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario
onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formara parte dos trazos das ilustracións.
O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía.
Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativa
que vai in crescendo, atrapa a atención do público,
expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.